Venres. 19.04.2024
El tiempo

O 2º concurso de Debuxo Gervasio Sar versa sobre o Prestige

Foto dunha exposición celebrada no Museo do Mar de Vigo arredor do Prestige
O 2º concurso de Debuxo Gervasio Sar versa sobre o Prestige

20 anos do Prestige e o segundo concurso de pintura e debuxo “Gervasio Sar” non pode esquecelo. De aí que a asociación de amigos de Gervasio Sar dedique esta edición ao afundimento baixo o tema “Prestige, como cho contaron?”

Un certame pensado para ao alumnado de todos os centros educativos da Costa da Morte, que tamén serve para lembrar que o mariñeiro do Cantil falecido no 2020, pintou o océano, os barcos e a catástrofe do Prestige.

Programa

As actividades arrincarán o venres 18 de novembro ás 19:00h da tarde; cerca do Coído, para dar forma a reconstrución da memoria cun debate organizado arredor desta cuestión “vinte anos do Prestige, como o viviron?” Participarán na mesa redonda:

  • José Vicente Domínguez. Capitán de pesca, capitán da mercante. Traballou nun petroleiro similar ao Prestige. Ocupou cargos na administración pesqueira. Escritor. Publicou numerosos artigos sobre a navegación e a actividade marítima.
  • Sven Schwebsch. Voluntario alemán do Prestige, afincado en Carnota.
  • Javier Sar. Armador e patrón maior naquela época.
  • Toñico Haz. Percebeiro.

Estrea dun documental

Antes do inicio da mesa redonda se exhibirá o documental “Nunca máis; marea de dignidade” producido por saga TV e da autoría do cineasta Marcos Gallego, director do festival do cine documental Mares do Mundo.

Bases

O formato é libre, os debuxos serán entregados dende os centros de ensino antes do 5 de decembro ás 14;00h, na librería Arroutada (Rúa da Mariña 23, Muxía), NON estarán asinados, pola contra, levarán no seu reverso un sobre no que se introducirán os seguintes datos: categoría, título da obra; nome completo do autor, centro, curso e nivel educativo e profesor encargado/ de contacto.

Os resultados daranse a coñecer o día 9 de decembro, e haberá 3 premios por categoría consistentes nun lote de material de pintura e debuxo axeitados á idade dos autores. Ao centro máis participativo entregaráselle unha obra de Gervasio Sar.
A entrega realizarase nunha cerimonia que terá lugar o venres 16 de decembro ás 19.00 horas no salón de actos do museo do Voluntariado de Muxía.

Novas relacionadas

Comentarios