Venres. 26.04.2024
El tiempo

O primeiro Concurso Escolar de Debuxo Gervasio Sar xa ten premiados

Debuxos do Certame Xervasio Sar
Dous dos debuxos gañadores do Certame Gervasio Sar
O primeiro Concurso Escolar de Debuxo Gervasio Sar xa ten premiados

Fantástica acollida entre os centros educativos do Concello de Muxía á primeira edición do concurso de pintura Gervasio Sar. A iniciativa da Asociación de Amigos do pintor invitou a toda a rapazada a participar neste certame que trata de por en valor un dos grandes, e máis esquecidos artistas, do concello muxián, co ”convencemento de que entre eles xurdirán novos valores que contribuirán ao cambio xeracional dos artistas da vida”.

O xurado (composto polo crítico de arte e historiador Xosé Antón Castro, a artista Viki Rivadulla, o profesor Carlos Fernández Concheiro e Francisco Javier lago Vilela, modelista naval e restaurador) quere salientar “a cantidade e calidade dos traballos entregados”, que tiñan que ser de autorretratos (moitos entenderon mal e fixeron retratos do autor, e foron dadas por válidos polo xurado) ou do faro muxián, e que formarán parte dunha exposición.
Tamén agradece ao profesorado a súa labor de promoción e orientación para que os rapaces e rapazas do concello coñeceran a obra de Gervasio e traballaran a súa creatividade e expresividade a través deste concurso.

Categoría infantil

  • 1º posto Salma Rodríguez Filgueira do CEIP Vilarmide - Eduardo Noya, por “O meu Gervasio”.
  • 2º posto Nico Brey Mirón, de Os Muíños, por “O faro saltón”.
  • 3º posto Oliver Mouzo Domínguez, de Os Muíños, por “O faro muxián”.

Categoría de primaria

  • 1º posto Manuel Rodríguez Pérez, do CEIP Vilarmide - Eduardo Noya, por “O fondo mariño”.
  • 2º posto Antía Haz Pazos, do CEIP Vilarmide – Eduardo Noya, por “A última visión dun viaxeiro”.
  • 3º posto Diego Maneiro Lago, do CEIP Vilarmide – Eduardo Noya, por “Soñando co mar”.

Categoría de secundaria

  • 1º posto Carla Paz Martínez, do IES Ramón Caamaño, por “Os fíos da paisaxe”.
  • 2º posto Darío Canosa Barrientos, do IES Ramón Caamaño, por “A Barca en branco e negro”.
  • 3º posto Brais Caamaño Canosa, do IES Ramón Caamaño, por “Eu, son eu, son eu…”.

Accesits:

Premios especiales concedidos pola diretiva da asociación pola gran cantidade e calidade dos traballos presentados na categoría de Primaria:

  • Xiana Castro Rey, do CEIP Vilarmide - Eduardo Noya, por “Alegría e tristeza”.
  • Marta Barrientos Lires, do CEIP Vilarmide – Eduardo Noya, por “O faro encendido”.

Todos os participantes recibirán un diploma e lotes de material de pintura e debuxo axeitados a idade dos autores ademais dun trofeo para os gañadores; consistente nun gravado coa silueta do faro de Barca, feito polo artista muxián Abraham Lavandeira.

Premio ao centro máis participativo

O CEIP de Vilarmide – Eduardo Noya recibirá ademais unha obra do artista..

A entrega de premios celebrarase o vindeiro venres 14 de xaneiro ás 19.30 horas no salón de actos do voluntariado de Muxía. A ela poderán asistir o profesorado, alumnado e familias dos participantes no concurso.

Novas relacionadas

Comentarios