Martes. 21.05.2024
El tiempo

A Coral Virxe da Barca presenta na casa o seu novo disco "Muxía é unha serea"

A Coral Virxe da Barca presenta na casa o seu novo disco "Muxía é unha serea"

Segue a Costa da Morte demostrando o seu potencial en materia coral. Hoxe a Coral Polifónica "Virxe da Barca" de Muxía invita a toda a bisbarra ao acto de presentación do seu primeiro disco "Muxía é unha serea". A cita terá lugar o vindeiro sábado día 7 ás 19:30 horas no Salón do Voluntariado de Muxía e será presentado por Xusto López Carril..

Trátase do disco que vén de gravar co patrocinio da Deputación de A Coruña e a Fundación Mans-Paideia que leva por título "Muxía é unha serea". Unha composición orixinal, en letra e música, da directora da mesma, Rosario Vázquez Freire.

Concerto en 2 actos

A Coral interpretará un programa con 2 partes diferenciadas, na primeira delas cinco panxoliñas:

  • 1.- Toca o pandeiro, Manuel (Tradicional, Galiza - Arranxos: R. Vázquez Freire)
  • 2.- Gloria in excelsis Deo (Tradicional, Francia)
  • 3.- Natal (Tradicional, Portugal)
  • 4.- Boliños do pote (Tradicional, Galiza)
  • 5.- Suite comercial navideña (Arranxos: J. B. Álvarez)

E na segunda, 5 temas que forman parte do disco:

  • 1.- Habaneras de Cádiz (A. Burgos – C. Cano)
  • 2.- Más vale trocar (J. del Enzina, S. XV)
  • 3.- A Rosalía (M. Curros Enríquez – L.E. Batallán – Arranxos: R. Vázquez Freire)
  • 4.- Los campanilleros (Tradicional, Andalucía)
  • 5.- Muxía é unha serea (Rosario Vázquez Freire)

Os discos poderán adquirirse ao módico prezo de 5 euros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Rdacción de QPC ([email protected]).
  • Información da Coral Polifonica Virse da Barca da man de Charo Vázquez Freire.

Comentarios