Martes. 19.02.2019
El tiempo

A piscifactoría de Lira consegue unha certificación internacional para a sala de empaquetado

A piscifactoría de Lira consegue unha certificación internacional para a sala de empaquetado

A sala de empaquetado da piscifactoría de Lira, de Stolt Sea Farm, xa conta coa certificación IFS. A International Featured Standards é unha recoñecida certificación a nivel internacional que avala a garantía de seguridade alimentaria así como da optimización dos procesos.

O certificado supón un fito para a multinacional que lle permitirá ofrecer “a máxima esixencia en legalidad, calidade e seguridade alimentaria ofrecendo toda a transparencia e eficiencia a unha crecente carteira de clientes a nivel internacional”, segundo explican dende Lira.

Stolt Sea Farm produce 5300 toneladas ao ano, das que 3.300 son xeradas nas súas plantas da Costa da Morte, polos máis de 200 traballadores e traballadoras cos que conta nas granxas de Cabo Vilán, Merexo, Quilmas e Lira.

Defende, dende 1972, “o avance da acuicultura como unha fonte sostenible de alimentos de alta calidade, saudables”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-beca-acuicola-para-aprender-a-excelencia-culinaria-en-nova-iorque/
Comentarios