Abente será homenaxeado nun completo programa das Letras muxián
09:12 02/05/12
Se as Letras Galegas teñen un claro foco de interese no Festiletras, o Concello de Muxía tamén prepara un completo programa de actividades. Un programa que mestura dende o hiphop, aos títeres, pasando polos libros, a música coral e as rutas a pé.
Iso si, López Abente, como non podía ser doutro xeito, terá un protagonismo especial, e o propio 17 de maio será homenaxeado en nome da súa fundación.
Programa das Letras en Muxía 2012
- Domingo 6 de maio:
- Obradoiro de Hip hop en galego. Ás 17:00h no Pavillón Polideportivo de Muxía. Inscribirse nas Oficinas do Concello de Muxía. Lugar de celebración. - Domingo 13 de maio:
- O Señor das Dunas, no Salón de Actos ás 18 horas. Espectáculo para público familiar.
- Festa dos maiores amenizada con xogos populares e baile - Xoves 17 de maio:
- 12:00h: Homenaxe a López Abente, con ofrenda floral no monumento, e inauguración de placas conmemorativas na casa na que viviu o poeta e no Cabo da Grixa, lugar de nacemento. O percorrido irá acompañado con lectura de poemas. (Organiza Fundación Gonzalo López Abente)
- 20:00h: Actuación da Coral Virxe da Barca, no Salón de Actos. - Venres 18 de maio:
- 18:45 horas: . Na Biblioteca Municipal, presentación do libro “Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte” de Xan Fenández e Rosalía Fdez. Rial. (Organiza SEMESCOM, colabora Fundación G. López Abente). - Sábado 26 de maio:
- Ruta a pé pola Vila de Muxía para os alumnos de Secundaria. Organiza Coordenadora de Equipas de Normalización Ferrolterra, Colabora Concello de Muxía.
- 19:30 horas: Na Biblioteca Municipal, presentación do libro “A narrativa mariña de Gonzalo López Abente”. Edición de Xesús Sambade. Organiza Fundación López Abente.
Máis información
Novas relacionadas
- O Festiletras amplía horizontes.
- López Abente asalta a internet.
- Carlos Callón gaña o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo.
- Muxía aproveita o Día do Libro para crear un ambiente de lectura nas escolas.
Fonte
- Concello de Muxía.