Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O BNG de Muxía tamén presenta enmendas aos Orzamentos da Xunta

Banos do porto de Muxia
A edil do BNG de Muxía Mercé Barrientos comprobando o estado ruinoso dos baños do porto
O BNG de Muxía tamén presenta enmendas aos Orzamentos da Xunta

Ademais de criticar que aínda a día de hoxe o Concello de Muxía nin pediu os permisos para reparar a ponte de Vilachán (a estrada leva dende maio pechada…), o BNG de Muxía vén de presentar unhas serie de enmedas aos Orzamentos da Xunta 2024.

ponte de Vilachan Guisamonde cortada
Ponte de Vilachán-Guisamonde cortada

O grupo critica a nivel comarcal a baixada da partida para a Autovía, que pasa de 3,5 millóns de 2023 a 2 millóns para 2024, tendo en conta que ademais en 2023 non se gastou un duro na infraestutura. Pide partidas para o transporte público inter-comarcal, para a mellora do Hospital Virxe da Xunquiera, ou para o abastecemento das parroquias rurais.

A nivel local, o grupo pide outra partida para reparacións xerais de Portos de Galicia que está destinada integramente ao revestimento da fábrica de xeo. E tamén para a mellora do “estado ruinoso dalgunhas instalacións portuarias como os aseos públicos”.

Tamén solicitan unha partuda para “a dinamización turística do secado artesanal de congro”; para a “reparación da estrada AC440 de Berdoias a Muxía”.

Comentarios