Xoves. 05.08.2021
El tiempo

Caballero considera que a Costa da Morte está “desatendida”

Gonzalo Caballero Costa da Morte
José Manuel Pequeño (Dumbría), Sandra Ínsua (Camariñas), José Marcote (Fisterra), Gonzalo Caballero, -Emilia Trillo (Cee), Iago Toba (Muxía), Juan Manuel Saborido (Carnota), Mónica Rodríguez (Vimianzo) e Lalo Ínsua (Corcubión)
Caballero considera que a Costa da Morte está “desatendida”

Así o declarou este luns o secretario xeral do PSdeG na súa reunión celebrada en Muxía cos alcaldes e alcaldesas do sur da comarca. Gonzalo Caballero considera que a Xunta esquece a comarca “en materia de infraestruturas, servizos públicos e pulo industrial”, polo que reclaman ao goberno galego “unha mellora das conexións da comarca coas cidades de Santiago e A Coruña, así como a necesidade de fortalecer os servizos públicos e, nomeadamente, de mellorar a sanidade de cara ao verán”.

Aludiron deste xeito aos problemas derivados da falla de pediatras e da necesaria mellora na atención primaria.

Ademais, esixiron á Xunta o desenvolvemento de plans de emprego que reactiven a bisbarra, ao tempo que requiriron solucións para Xeal.

comentarios