Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Os centros de ensino de Muxía uníronse contra o Cancro

I Andaina Contra o Cancro Infantil en Muxía 1
Os centros de ensino de Muxía uníronse contra o Cancro

Emotiva mañá a vivida este luns 19 de febreiro en Muxía. A I Andaina Contra o Cancro Infantil tiña que ser adiada para hoxe por mor do mal tempo, pero acabou sendo todo un éxito. Ademais da implicada rapazada e das comunidades escolares do IES Ramón Caamaño, o CEIP Virxe da Barca e o CEIP de Vilarmide Eduardo Noya, houbo unha alta participación de toda a veciñanza.

Ao remate, houbo chocolatada, e os cartos recadados van tanto para a AECC como para a Aladina Fundación.

Centros de ensino e a Asociación Local Contra o Cancro agradecen o compromiso de toda a veciñanza e a colaboración Protección Civil e Manel, o sempre comprometido Policía Local de Muxía.

I Andaina Contra o Cancro Infantil en Muxía 4

I Andaina Contra o Cancro Infantil en Muxía 3

I Andaina Contra o Cancro Infantil en Muxía 2

Novas relacionadas

Comentarios