Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A empresa do SAF de Muxía busca unha solución alternativa para paliar os poblemas cos pagos

  • Mentres, o Concello de Camariñas asegura apoiar as reivindicacións das traballadoras do SAF e lémbralle á concesionaria que se está a cumprir o que especifica o contrato
Concentracion traballadoras SAF en Muxia
Imaxe dunha concentración xa de 2022 das traballadoras SAF ás portas do Concello de Muxía
A empresa do SAF de Muxía busca unha solución alternativa para paliar os poblemas cos pagos

Cando saen á palestra os problemas das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Camariñas, semella que a problemática laboral das súas compañeiras muxiás se solventa. Levan ano e medio de protestas por uns retrasos que viviron o seu momento máis tenso en en outubro, cando estiveron ata 3 meses sen cobrar. Dende esa, as 16 traballadoras o SAF de Muxía non deixaron de protestar, malia que parece que destavolta a cousa vai solventarse.

Os retrasos de pagos do Concello á empresa concesionaria (cun contrato prorrogado que necesita volver lictarse) provoca que a empresa tivese serios problemas para pagar en tempo ás traballadoras. Pero á falta e solución municipal, a empresa vén de tomar medidas internas para resolver o conflito.

Segundo nos aseguran dende a empresa, e nos confirman as propias traballadoras (á espera de ratificalo cando chegue o soldo a principios de marzo), a empresa buscou unha solución alternativa para comezar a cobrar en tempo e segundo as táboas de 2024.

Unha gran nova para o colectivo, se ben agardan que o concello abra un novo prego de contratación.

Reunión en Camariñas

Mentres, as 25 traballadoras do SAF de Camariñas mantiveron unha reunión co concello o pasado 1 de febreiro, e hoxe o Concello vovle amosar o apoio ás súas reivindicacións. O consistorio lémbralle á empresa concesionaria do servizo que estase a cumprir, estritamente, o que marca o contrato.
Apunta que no mes de xuño do ano 2022 o Concello adxudicou o Servizo de Axuda no Fogar á empresa concesionaria, cunha vixencia ata o mes de xuño do ano 2025. O contrato saíu a licitación por un orzamento total de 417.455 euros por ano e a adxudicación foi para a empresa con maior puntuación, que ademais fixo unha oferta á baixa sobre o orzamentado.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios