En marcha o I Premio de Poesía Gonzalo López Abente
Fermosa proposta a da Fundación López Abente para seguir recuperando o nome deste gran poeta muxián. Que máis propio que un Premio de Poesía, para que todos os que queiran probar, lancen os sues versos salgados.
Esta mañá de venres 5 de abril de 2013, tivo lugar a presentación do Premio da man do Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, xunto co presidente da Fundación, Félix Porto, e o vicepresidente da mesma, X. H. Rivadulla Corcón. I é que ademais da Fundación, colaboran na iniciativa Concello e Xunta.
Así xa podedes ollar as Bases do I Premio de Poesía Gonzalo López Abente na activa web da fundación, pero avanzamos que pode participar calquera persoa, enviando os seus versos (non máis de 400) antes do 25 de maio.
O premio terá unha dotación única de 2000 €, ademais da publicación por Xerais da obra, e o xurado estará composto por tres poetas de recoñecido prestixio no ámbito da literatura galega e como secretario/a do mesmo actuará un representante da Fundación.
Máis información
- Lopezabente.org: Bases do I Premio de Poesía Gonzalo López Abente.
Novas relacionadas
- López Abente xa ten a súa partitura.
- A Fundación López Abente xa prepara o Cincuentenario do falecemento do autor e a homenaxe a Rosalía.
- A Fundación López Abente segue dando pasos na recuperación da obra do poeta muxián.
- Muxía reivindícase como epicentro cultural e rebelde da Costa.
- En marcha a obra completa de López Abente.
- Fin de semana Abentina, peregrina e literaria en Muxía.
- Muxía recupera a prosa salgada de López Abente.
- A Fundación López Abente presenta a súa web.