Mércores. 09.10.2024
El tiempo

As familias de Muxía e Dumbría volven saír á rúa pola reiterada falta de pediatras

Entre xaneiro de 2021 e febreiro de 2022 este servizo non existiu durante máis de 6 meses
Manifestacion Pediatra Muxia febreiro 2022
As familias de Muxía e Dumbría volven saír á rúa pola reiterada falta de pediatras

A problemática continúa. A falta de pediatras nos centros de saúde do rural continúa a ser unha práctica habitual. Así o sofren en Muxía e Dumbría, concellos que comparten puericultor, e que contabilizan que entre xaneiro de 2021 e febreiro de 2022 este servizo non existiu durante máis de 6 meses.

”A ausencia do servizo non é puntual, dende 1 mes ata 4 meses seguidos durante o ano 2021. E no 2022 seguimos empeorando, coa ausencia de puericultor en xaneiro e agora de novo en febreiro”, denuncia Vanessa Viquendi, a presidenta da Asociación Pediatras e Matronas Xa.

”En Muxía e en Dumbría @s nen@s non poden enfermar? Non poden ter revisions nin vacinas? A solución é ser atendidos nas urxencias do hospital?”, pregúntase.

De aí que a entidade, despois de enviar a un pai muxián a facer o Camiño coa bandeira de protesta, promova unha nova concentración, para este sábado 12 de febreiro ás 12:00h, fronte ao centro de saúde de Muxía. Unha concentración ruidosa, con pandeiretas, potas, tixolas... para facerse oír.

Novas sobre os recortes en pediatría

Comentarios