O Comarea afianza outra forma de facer un festival
Balance moi positivo da volta do Festival Comarea fai a xente de Horta Creativa tras unha longa ponte de actividades e música. Un festival diferente, que desestacionaliza a oferta cultural (co difícil que é levantar un evento coma este en pleno decembro), que saca a cultura dos circuitos habituais (auditorios…) e a achega á xente (bares), que fai comunidade, que pensa en todas as idades e gustos sempre dende a calidade e o compromiso, e que implica ao tecido empresarial e comercial da súa vila. Un formato moi ben acollido pola xente de Muxía e de toda a comarca, que se achegou a escoitar charlas, a limpar unha praia, ou a gozar da música en todas as súas variantes.
Un festival que fala do necesario proceso de profesionalización que protagonizan estes herdeiros da familia asociativa de Comarea, que deben vivir os eventos culturais da comarca, como se reflexionou Faladoiro Cultural, recoñecido como un éxito, pois non adoita haber espazos públicos os se debatan temas vinculados ao tecido cultural.
Esta mesma noite de xoves a noite remataba no Bar O Porto, coa música suave e chea de vida, e en galego, de Sofía Espiñeira, antes de que Bonita&Sabrosa puxesen a todo o bar a bailar.
A oferta do Comarea, de xoves a domingo, inclúa unha serie de actividades singulares, como foi a limpeza da praia do Lago na xornada do venres 6, a máis potente. Unhas 15-20 persoas achegáronse para recoller ducias de sacos de lixo plástico, cos que despois realizaron unha serie de creacións artísticas.
Foi tremendamente integrador o festival, pois as xentes que foron participaron nas actividades íanse coñecendo e acabando sendo, para sempre, parte da #familiacomarea.
A múisca nos bares
A proposta de sacar a música aos bares, e de balde, non é casual. “Marchamos con gran sabor de boca, reflexiona Manu Nogueira, “pois creo que tiveron moi boa acollida e foi moi bonito ver xentes diferentes bailando enchendo cada un dos locais".
Ademais, non era o mesmo o estilo do Praia das Lanchas, que o do Porto, que o das Baleas, e creo que niso acertamos”, sinala en relación ás diferentes músicas que se viviron nas noite do xoves, que nas sesións vermú do venres con Pamela Rodríguez Dj set, do sábado co gran Pulpiño Viascón que fixo as delicias do público no Praias das Lanchas (gracias á colaboración da pequena pandereteira Valentina) ou o domingo, con Family Folks nas Baleas.
O camping, como epicentro
Pero o partido principal, xogando coa liña dos 4 xinetes de Horta Creativa e xogadores do Muxía CF, xogábase no Camping Lago Mar, eirixido en apenas un verán como epicentro cultural da mocidade da comarca. Arrincaba a música ás 19:00h co o Venres ambientazo no Camping, con xentes de todas as idades. Dende as 19:00h, co noso Maikel Dj pinchando unha lista de zapatilla ben divertida.
Pasaron polo escenario figuras como os carballeses Chicharrón, Catuxa Salom, que revoluciona o mundo da música galega/diáspora, ou Sonido Tupinamba. Quedaron para o sábado os Macadam Crocodile, Mustard, Omiri, Rapariga Dj, Zars B ou Toccororo.