Fotodesfeita: O abandono das Caldeiras do Castro

Varandas rotas nas Caldeiras do Castro

Esta semana chegounos unhas fotos dunha familia muxiá que quedou moi decepcionada co estado das Caldeiras do Castro. E non o dixeron pola pouca auga que levaba o río, se non polo estado de abandono das varandas e as escaleiras de madeira que baixan ata o río.

Consideran grave a irresponsabilidade municipal de ter así un espazo tan singular precisamente durante o verán, pois falamos dun dos puntos máis visitados do concello de Muxía.

Esperemos que estas queixas públicas sirvan para que o Concello tome as medidas pertinentes.

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a info@quepasanacosta.com ou a través do noso Facebook.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).