Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fotodesfeita: O abandono das Caldeiras do Castro

Fotodesfeita: O abandono das Caldeiras do Castro
Varandas rotas nas Caldeiras do Castro Varandas rotas nas Caldeiras do Castro

Esta semana chegounos unhas fotos dunha familia muxiá que quedou moi decepcionada co estado das Caldeiras do Castro. E non o dixeron pola pouca auga que levaba o río, se non polo estado de abandono das varandas e as escaleiras de madeira que baixan ata o río.

Consideran grave a irresponsabilidade municipal de ter así un espazo tan singular precisamente durante o verán, pois falamos dun dos puntos máis visitados do concello de Muxía.

Esperemos que estas queixas públicas sirvan para que o Concello tome as medidas pertinentes.

Varandas rotas nas Caldeiras do Castro 2

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

Comentarios