Sábado. 24.08.2019
El tiempo

A Garda Civil detén 5 persoas por agredir a varios axentes nas Festas do Carme de Moraime

  • Última hora: 2 dos 5 detidos fican en prisión.
A Garda Civil este mediodía nos Xulgados de Corcubión
A Garda Civil este mediodía nos Xulgados de Corcubión
A Garda Civil detén 5 persoas por agredir a varios axentes nas Festas do Carme de Moraime
A Garda Civil detén 5 persoas por agredir a varios axentes nas Festas do Carme de Moraime

Catro membros dunha familia e a exparella dun deles foron detidos esta fin de semana polo equipo da Policía Xudicial de Carballo, tras agredir a varios axentes. De feito, tres axentes resultaron feridos, e mesmo un tivo que ser intervido quirúrxicamente de urxencias.

Todo comezaba cando a Garda Civil era requerida ao lugar por un susposto motivo de alteración da orde dun asistente á festa. De contado cinco membros da Unidade de Seguridade Cidadá Comandancia, distribuídos en dous vehículos bicolor e un camiflado, acodiron ao lugar. Nada máis comezar, a Garda Civil puido comprobar a presencia dun individuo “visiblemente agresivo que se atopaba alterando a orde, polo que se procedeu á súa investigación”, relata a Garda Civil. “Seguidamente comezou a proferir insultos de todo tipo cara a forza actuante mentres se despoxaba das súas prendas, chegando mesmo a intentar fuxir do lugar”.

Así, “mentres un dos efectivos se dispula a poñerlle os grilletes para a súa detención, formouse un tumulto de xente arredor, berrando ‘Vamos todos a por eles’, e seguidamente numerosas persoas se abalanzaron contra os gardas civís, agredéndolles con patadas, empurróns e ameazas”, relatan os corpos de seguridade.

Resultaron feridos

Explica a Benemérita que as persoas que máis presionaron á Garda Civil para impedir a detención do individou eran o pai, o irmán e o curmán do mesmo; así como unha muller que era a ex parella, que precisamente sufrira ao comezo dos percances varias molestias polos celos da súa ex parella.

Os detidos foron postos a disposición xudicial nos Xulgados de Corcubión.

A Garda Civil destaca a colaboración da Policía Local Muxía, Garda Civil de Corcubión e Garda Civil Laxe, ademais da Policía Xudicial, sobre todo a investigación.

Nun principio 3 dos 5 detidos fican en prisión: o que iniciou a alteración, a ex parella por pegar e ameazar aos gardas e o curmán do primeiro. Este último arrebatoulle a defensa ao garda cando se atopaba de xeonllos poñendo os grilletes ao primeiro para posteriormente golpearlle na cara, producíndolle feridas para as que necesitou intervención quirúrgica urxente. Finalmente o ingreso en prisión da muller foi anulado. 

Comentarios