Javier Romar Alvarellos e Olalla Benlloch forman o novo goberno de Muxía
Tralo paso 4 concelleiros socialistas ao grupo de non adscritos, o goberno muxián cambia de facianas. O alcalde Iago Toba reorganizou o goberno e se ben el asume as carteiras de Servizos Sociais, Emprego, Turismo e Medio Ambiente. Olalla Benlloch asumirá as áreas de Educación, Cultura, Igualdade e Xuventude; e Javier Romar, pola súa banda, adicarase a Obras, Parroquias e Medio Rural.
Todo coincidindo coa aprobación definitiva dos orzamentos, despois das alegacións presenradas polo PP que supoñen unha minúscula rebaixa de 50.000€ nun orzamento de case 4 millóns. O pleno deu luz verde aos novos números nunha sesión á que tan só acudiu Mónica Vilela dos concelleiros non adscritos.
Entre as rebaixas do orzamento, cómpre as de publicidade para festas ou para órganos de goberno así como as dotacións económicas adicadas a mantemento e brigadas.
Imaxe da sesión plenaria do venres
Moción de censura no aire
A moción de censura é unha posibilidade que a día de hoxe está no aire. O propio rexedor así o deixou claro ao “invitar” ao resto da corporación a levala a cabo. “Si tan mal lle fixen a meu pobo, presentar unha moción de censura amparada co compromiso escuro entre o Partido Popular e os membros do grupo non adscrito. Estamos en política para tomar decisións valentes. Eu decidín gobernar en minoría porque creo que é o mellor para Muxía. Se vostedes cren que o mellor para o noso municipio é que non sexa alcalde, sexan valentes e presenten a moción de censura’, explicou.
Novas do caso #PSOEMuxía
- 28-07-2020: 4 edís socialistas pasan ao grupo dos non adscritos.
- 27-07-2020: Catro edís socialistas piden perdón por “ter posto de Alcalde de Muxía” a Iago Toba.
- 24-07-2020: O PP e 4 edís do grupo de goberno bloquean os orzamentos do Concello de Muxía.
- 30-06-2020: Primeira crise no grupo socialista muxián.
- 18-06-2020: Muxía aprobou uns Orzamentos Municipais nos que destaca a subida da partida social.