Luns. 29.04.2024
El tiempo

Javier Sar: "Non sei se a sombra de Félix é tan alongada, o que si me dá a impresión é de que eles a quixeron facer así"

Javier Sar Independentes por Muxia
Javier Sar: "Non sei se a sombra de Félix é tan alongada, o que si me dá a impresión é de que eles a quixeron facer así"

Despois da investidura de Iago Toba, provocada pola falta de acordo entre PP, IxMuxía e BNG, os grupos están ofrecendo a súa visión dos feitos.
Antonte era o BNG o que intentaba trasladar as súas explicacións á veciñanza cos porqués da falta de acordo para acadar o obxectivo común de quitar da alcaldía ao socialista para normalizar a vida municipal.

Hoxe falamos con Javier Sar,  

  • Que pasou, por que non chegastes a un acordo?

Pois ben, eu tampouco o cheguei a entender. O que si está claro é que o BNG tiña unha liña vermella que era o PP e, ó mesmo tempo, o PP tiña outra que éramos nós.
Eso foise pulindo por parte do BNG. Tres días antes do pleno pregunteille ao PP que quería para poder facerlle unha proposta. Díxenlle e deixeille claro que non o levara ao seu grupo sen antes falar eu co BNG para facer que o aceptara.

Antes de intentalo recibín unha chamada do PP ese mesmo día, dicíndome que se aínda non falara con eles (BNG) que non o fixera, unha vez máis o grupo do PP rechazaba a proposta para que eu fora alcalde. In extremis, o sábado ás 9.30 da mañá e despois de estar falando co BNG ata as 2.00 da madrugada, chamei a Sandra e díxenlle que podíamos facer o que lle propuxera tres días antes. Contestoume que ía volver a trasladalo ao grupo. Aproximadamente unha hora máis tarde recibo a súa chamada dicindo que despois de falar con catro persoas unha delas dudábao, pero as outras 3 volvían a decidir o mesmo e, a parte, que non había moito tempo, ó que eu contestei que o tempo non era unha disculpa, eran as dez e algo e o tempo, de querer facelo, sobraba; ese foi o momento no que me convencín de que, moi ao meu pesar, non tíñamos nada que facer.

 
  • Que fallou para que o PP non vos apoiara? É a sombra de Félix Porto tan grande?

Volvo a decir o mesmo. Eu a Sandra dinlle todas as garantías pola miña parte, e pola parte do BNG tíñamos que crer no que nos estaban decindo, eu non dudei nunca en confiar no BNG. Coñezo a Carlos e a Merce, sabía que non nos fallarían e, de ser así, sería eu o único culpable. A min non me facía falta ter nada escrito, claro, isto só se entende se es de palabra e se tes en realidade gañas de facelo.
Eu teño a miña teoría e penso que se o PP deixa que IxMuxía collésemos a alcaldía sabía que o íamos facer ben e, que poderíamos ocupar o espazo político que eles non foron capaces de reter e conquistar. Temos que darnos conta que aínda empezando 5 meses antes das eleccións o PP só nos sacou 53 votos.
Por outro lado eu non sei se a sombra de Félix é tan alargada, o que si me dá a impresión é de que eles a quixeron facer así (tanto o PP como o PSOE). Unha estratexia que cren que lles poido funcionar. Á vista está que os mellores resultados para nós foron en Muxía, se fose a sombra de Félix como eles dicían o resultado nas aldeas entendo que debería ser mellor. Aínda así quedamos moi satisfeitos pola resposta no resto das parroquias posto que non tivemos tempo suficiente e nalgúns sitios quedamos a medio camiño.

 
  • A agora que?? Vai continuar este ambiente de tensión invivible, que ademais se traslada dende os políticos, de xeito irresponsable, á veciñanza?

Agora imos facer unha oposición seria e responsable, como sempre dixemos na nosa campaña. Outra cousa é que os distintos partidos políticos queiran seguir coa situación anterior con insultos e descalificacións levándoos ás redes sociales. Eso non vai con IxMuxía. A pesar tamén de sufrilos constantemente durante toda a campaña por parte do señor alcalde, sin entrarlle ao trapo, a el e a moita xente que facía o mesmo.
A parte das declaracións feitas, está o das pintadas cara a miña persona. Obviamente non responsabilizamos a ninguén da política, pero xurdiron durante a campaña, que casualidade!

 
  • Xa máis en ton persoal. Como vives a entrada na política? Que tal a campaña?

A entrada na política ben, coa particularidade de que vexo cousas que non comparto e pensei que a estas alturas xa non existían.
Eu creo que a política debería ser para pensar e facer cousas para o ben común e non priorizar os intereses partidistas como parece ser que está ocurrindo con esta loita de poder.
Durante a campaña para nós foi unha sorpresa o ben que nos acolleron nas charlas e mitins que tivemos, con boa asistencia de público e con ganas de escoitar e ver que se pode facer política doutro xeito.

E a parte negativa da campaña para min foron os ataques que sufrimos, tanto eu como o meu partido, dicindo que éramos unha marca branca, e que o pacto xa estaba máis que feito, con tal de arañar votos. Por certo, o de que o pacto xa estaba feito, foi unha mentira máis das que xa nos ten acostumbrados o señor alcalde.
Algo que tamén axudou a empañar a campaña foi a noticia que apareceu nun medio de comunicación falando do posible fraude do voto por correo. Non sei quen poido filtrar esa información pero nós desde logo non. Nós cremos que a nosa foi unha campaña limpia na que unicamente expuxemos unha situación e unha xestión que queríamos cambiar.

 
  • Que diferencias e que similitudes atopas co mundo do mar?

Diferencias, pois que o mar é unha forma de vida dura e ó mesmo tempo bonita, e a política polo que vexo eu en moitos casos son intereses persoais e partidistas.
Tiven a oportunidade de concurrir a estas eleccións desde un partido cunhas siglas detrás e rechaceino para non perder a independencia de ser eu e a miña lista quen marcáramos as pautas a seguir como sempre fixen no meu traballo no mundo do mar.

Similitudes: aínda que vos pareza un chiste no mar practícase a técnica do engado da que eu nunca fun partidario, e aquí na política vexo que se practica moitísimo, engádase moito á xente.
Dito esto, se non o fixen no mundo do mar, menos o vou facer agora.

 

Novas relacionadas

Comentarios