sábado. 05.07.2025
El tiempo

Muxía encherase de literatura coa II Praza dos Libros

Muxía encherase de literatura coa II Praza dos Libros
II Praza dos Libros de Muxia

Os días 2, 3 e 4 de agosto terá lugar a 2º Praza dos Libros de Muxía, trala boa experiencia do ano pasado. Este 2013 chega con novidades editoriais e libros de ocasión, organizada por Editores de Compostela, a Fundación Gonzalo López Abente e a colaboración do Concello de Muxía. A ianuguración será o venres 2, ás 12:00 horas .

O sábado ás 20:00 haberá unha presentación de novidades editoriais cos autores: Fernando M.Cimadevila, Xosé Duncan, César Ariza e Tomás González Ahola.

Así, haberá feira dos libros novos e de ocasión, con especial interese do "Exprés Literario" que servirá para presentar en sociedade numerosas propostas, en actos moi breves de menos de 10 minutos.

A ubicación dos postos de venda será no Paseo Marítimo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios