venres. 06.06.2025
El tiempo

Muxía estrea o Servizo de Madrugadores no programa “Concilia Verán”

Concilia Verán Muxia
Muxía estrea o Servizo de Madrugadores no programa “Concilia Verán”

O Concello de Muxía dá un novo paso a favor da conciliación da vida familiar e laboral coa posta en marcha, por primeira vez, do Servizo de Madrugadores, un recurso pensado para facilitar o día a día das familias durante os meses de verán.

Este novo servizo prestarase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, en horario de 8:30h a 9:30h, xusto antes do inicio das actividades do programa “Concilia Verán”, que se desenvolverá nas mesmas datas, de 9:30h a 14:30h, no Edificio de Servizos Múltiples.

O Concilia Verán é o tradicional programa de conciliación nos días non lectivos, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos empadroados/as en Muxía, e contará este ano con novidades tanto no horario como nos contidos. As temáticas semanais inclúen
actividades lúdicas e educativas como música, o universo, pintura, viaxes ou deportes, co obxectivo de ofrecer unha experiencia enriquecedora e divertida para a infancia muxiá.

As inscricións estarán abertas entre o 5 e o 20 de xuño no CIM de Muxía, situado no terceiro andar do edificio do Concello.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao correo electrónico cim@muxia.es ou chamar ao teléfono 981 70 85 95.

Comentarios