Muxía prepárase para a súa I Feira Multisectorial con gastronomía, oportunidades e BTT


Feira de oportunidades, Xornada Gastronómica da Caldeirada e Quedada BTT. Todo xunto para formalizar a I Feira Multisectorial de Muxía, que se desenvolverá os días 17 e 18 de maio na vila da Barca. I é que xa sabemos o ben que funciona a gastronomía en Muxía, polo medio de outras actividades.
O Polideportivo, de 10:00h a 21:00h, acollerá os postos de todo tipo: calzado, roupa, decoración, agasallos, pastelería creativa, e ata sexshop.
Paralelamente, 8 establecimentos da vila preparan a I Xornada Gastronómida da Caldeirada. Aí están A Lareira coa súa Caldeirada de Bertorella; A Marina coa Caldeirada Mixta; O Chocolate coa Caldeirada de Polbo; O Coral coa Caldeirada Mixta; O Pedra D’Abalar coa Caldeirada de Robaliza; O Porto coa Caldeirada de Sargo; O Prestige tamén coa Mixta e O Sirena coa Caldeirada de Bacallau.
A cita deportiva será a II Quedada BTT, tralo éxito do ano pasado. Xa o sábado ás 16:00h haberá un circuito para nenos, pero a gran cita será o domingo 18 con saída ás 9:30h para os 33 km, dende o porto muxián.
Novas relacionadas
- 2014: O Coral recibiu por segunda vez o premio á Mellor Tapa Muxía.
- 2013: Nin o tempo puido cos amantes da BTT na I Quedada de Muxía.
- 2013: O arroz mariñeiro do Coral leva o premio do Concurso da Tapa Muxiá.
- 2013: Todas as tapas do Concurso de Muxía.
- 2012: Luisa Fernández Diz foi a gañadora da cesta da Ruta dos Pinchos de Muxía.
- 2012: A Lareira gaña o IV Concurso da Tapa Muxiá co seu crocante.
- 2011: O iogurín do Coral gaña o Concurso de Tapa Muxía.
- 2011: As 11 tapas que corren polas barras dos bares de Muxía.
- 2009: Xa corren as tapas por Muxía.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Concello de Muxía.