martes. 13.05.2025
El tiempo

Muxía quere durmir con II Concurso de Contos

Muxía quere durmir con II Concurso de Contos
Muxía abre o I Concurso de Contos

Fermosa esta iniciativa do Concello de Muxia. Xa o ano pasado fora unha actividade moi especial, e de cara a estas Letras Galegas 2013 adicadas a Roberto Vidal Bolaño preparan a II Edición do Concurso “Durmo…se me contas un conto".

O certame, enmarcado dentro seu programa municipal de dinamización lingüística e promoción do uso do galego, está pensado para nenos e nenas menores de 9 anos, que conten coa axuda dos seus familiares.
Ten como obxectivo estimular ás familias no uso xeneralizado do galego promovéndoo como lingua primeira nos máis pequenos e como lingua de comunicación entre nais/pais e fillos/fillas. E pretende promover, ademais, o interese pola literatura en galego.

Haberá premios ben interesantes, como un ordenador e uns lotes de libros. O prazo de entrega para entregar os contos remata o 28 de marzo e poden preguntar no Concello.

Máis información

Novas relacionadas

Letras Galegas na Costa

Fonte

Comentarios