Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Atopan outra perla nunha ameixa nun restaurante de Muxía

Nova perla atopada nunha ameixa na Casa do Peixe de Muxia
Nova perla atopada nunha ameixa na Casa do Peixe de Muxia
Atopan outra perla nunha ameixa nun restaurante de Muxía

Isto parece que se está a convertir en tradición, ou mesmo nun sorteo. A ver se os criadores da ameixa de Carril e da Ría de Muros e Noia van ter que artellar algunha clase de campaña de publicidade con estas perlas, porque no último ano xa van 4 (unha en Muros e 3, recentemente da cetárea de Merexo en Muxía).

A última, este mesmo mediodía de martes 29 de agosto, cando unha muller casada en Muxía pero residente na Coruña, atopaban unha nova perla na Casa do Peixe de Muxía.

Segundo nos conta Manolo, o xefe da casa, son ameixas de Carril mercadas na cetárea de Espiñeirido, previo paso pola de Merexo, como as 3 anteriores con premio.

Conta Manolo que a pasada semana xa lle tocou premio a unha madrileña pero esta non quixo facelo público.

En calquera caso, saíulle a conta a visita á sogra a esta muller.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios