Luns. 14.10.2024
El tiempo

O BNG propón máis Romaría e menos Festa para a Barca

O BNG propón máis Romaría e menos Festa para a Barca
Un Domingo romeiro ateigado nas Festas da Barca de Muxía - Foto- Jesús Trillo

A pasada semana liamos as posicións do PP e do PSOE sobre a posibilidade de que o Concello se faga cargo das míticas Festas da Barca. Hoxe é o BNG o que quere amosar a súa idea despois analizar a ”ridícula disputa entre o PP e o PSOE de Muxía para ver quen é o que vai cobrar as atraccións da Romaría da Barca de non houber comisión de festas”.

Unha situación que segundo Carlos Fdez Concheiro. Concelleiro e portavoz municipal do BNG, “agocha algo máis serio” que levand denunciando dende hai tempo. Lembran “a necesidade de repensar a festa para recuperar a súa esencia, e dicir, voltar convertela nunha Romaría (proposta que levamos ao pleno hai máis dun ano)”.

En todo caso, entenden que “agora mesmo, a dimensión e a complexidade da festa dificulta que sexa xestionada por unha comisión, polo que é razonable que sexa o Concello quen asuma o groso da organización”.

Aproveita o BNG para pedir que “remate a usurpación da fachada marítima da vila (o malecón) por parte de Portos de Galiza. O goberno municipal debe liderar esta reivindicación, xunto a outros concellos da contorna co mesmo problema como o de Fisterra, que sería apoiada, sen dúbida, por toda a veciñanza (e polos hosteleiros aos que se lle están cobrando taxas abusivas). A propiedade, ou polo menos o usufruto, destes terreos, que xa non teñen uso portuario, debe ser devolta á vila. BNG de Muxía”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios