Os pinchos serán, unha vez máis, os protagonistas do entroido muxián


Muxía xa non falta á súa cita coa Ruta dos Pinchos. Cada vez que hai ocasións festexeira, Pinchos que te paríu. E se a fórmula funciona, hai que seguir con ela. Así, as fins de semana dos 18 e 19, e 25 e 26 de febreiro, 15 establecimentos da vila farán corren polas barras os seus ricos pinchos. Estes serán os: El Riojano, O Xardín, O Cordobés, O Picoteo, O Dorna, O Coral, Don Quijote, Casa dos Congrios, O Porto, O Wimpe, A de Loló, A Vinoteca Lorena, O Prestige, O Chocolate e a Cafetería Galicia.
Iso si, será unha ruta de degustación, non un concurso e as persoas que participen percorrendo os bares da ruta poderán optar a unha cesta de produtos de entroido (cachola, chourizos, grelos, etc…) que sorteará o Concello de Muxía. O horario de degustación será de 13:00h a 15: 30 horas.
Algo máis que pinchos
Ademais, o sábado 18 de febreiro,ás 16:45h terá lugar a concentración de disfraces e comparsas no Cabo da Vila, que rematará coa Gran festa de entroido no polideportivo, con concurso de disfraces e comparsas , degustación de orellas e filloas, música e baile, amenizado por Manolo Delfín.
E para contribuir a recuperar a tradición do entroido animamos a todo o mundo a ir disfrazado ainda que sexa cun simple antifaz
O martes 21 de febreiro haberá un Obradoiro de doces e pratos típicos do entroido ( roscas, orellas, etc…) para nenos e nenas a partir de 9 anos ( de 16 a 18 horas) no baixo do Edificio de Servizos Múltiples.
Para participar é necesario inscribirse no Concello (981 74 20 01).
O sábado 25 de febreiro celebrarase ás 19:00h o Enterro da sardiña, cunha concentración diante do edificio de servizos múltiples e percorrido do cortexo fúnebre pola vila. Queima da sardiña na rambleta e gran chocolatada e música con Xaramiños do Corpiño.
Novas relacionadas
Outros entroidos da Costa
- Pequenos e maiores protagonizan o entroido de Zas.
- Concello e Asociacións presentan un Entroido de orellas, Urdangarines e Duquesas en Carnota.
- Cee presenta o seu Entroido.
- O Pindo prepárase para a invasión vikinga do Entroido.
- Dumbría presenta o entroido máis desexado.
- Santi Caneta será o pregoeiro dun Entroido de Fisterra que xa ten cartel.
- Vimianzo tamén quere un entroido de primeira.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).