Xoves. 30.05.2024
El tiempo

Piden un plan de mantemento para as estradas de Muxía

Tarefas de bacheo no Concello de Muxia
Piden un plan de mantemento para as estradas de Muxía

A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, vén de criticar o anuncio feito nas redes sociais do concello de inicio das tarefas de bacheo pois “como en cada cousa que fai o goberno liderado polo señor Toba podemos ver que non existe ningún tipo de criterio, plan nin rigor á hora de facer estes bacheos” comenta a portavoz municipal.

Os populares recordan que o estado das estradas do concello muxián é de 2abandono absoluto dende fai anos" e cren necesario “un plan anual de mantemento de estradas que, por certo, os populares levábamos no programa electoral, coa finalidade de que non cheguen a unha situación ruinosa como pasa actualmente con moita da nosa rede” explica a portavoz.

Dende o grupo popular critican a calidade deste bacheo ademáis de opinar que “son uns traballos de cara á galería pois en canto veña o próximo inverno eses bacheos desaparecerán", explica Vilela que considera que “este é outro exemplo da incapacidade de xestión do goberno local”

EPIS DOS EMPREGADOS

Así mesmo, dende os populares denuncian a falla de EPIS dos empregados públicos unha circunstancia que xa teñen denunciado no pleno sin que o goberno muxián faga nada ao respecto.

“A seguridade laboral é fundamental e a normativa é clara. O concello debe proporcionar os EPIS e asegurarse de que os empregados os utilizan correctamente” indica a portavoz

Comentarios