O PP muxián fai xa a súa proposta para o POS de 2023
10:34 14/12/22
Para que non volva a pasar, e haia que aprobar o POS o último día e sen consenso, a voceira do PP de Muxía Sandra Vilela, fai xa a súa proposta para o POS 2023 e pide ao alcalde que convoque unha comisión para negocialo.
“Todas as obras que propoñemos son necesarias e seguro que haberá moitas máis xa que o estado xenérico do noso concello é o do abandono máis absoluto e esperamos que as nosas propostas sexan tidas en conta para que o POS deste ano poida ser aprobado sen incidencias”, dixo Vilela.
As obras que propoñen dende o grupo popular son:
- 2ª fase de agua de Morpeguite e Pasantes.
- Rehabilitación do polideportivo municipal.
- Camiños interiores de Figueiras.
- Saneamento de Añobres.
- Acceso e camiños interiores de Xurarantes.
- Camiños interiores de Vilarmide.
- Viais en Caberta e Merexo e Leis.
- Vial Moraime a Oruxo.
- Agua en Lourido.
- Accesos a Cibrán e O Castro.
- Vial de Agreiras a Viseo.
- Saneamento de Leis.
Novas relacionadas
- PP e BNG cargan contra o “desprezo pola democracia e a legalidade” do alcalde muxián.
- “A desastrosa xestión do goberno municipal está levando o Concello de Muxía a unha situación límite”.
- Pos 2022: .
- Domingo Guerra: POS+ 2022.
- Febreiro 22: Muxía afronta a segunda oportunidade para aprobar un POS que continúa sen consenso.