mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Proxecto Sisargas espalla a labor das oficios tradicionais das mulleres do mar

Xornada do GALP do proxecto Sisargas
O Proxecto Sisargas espalla a labor das oficios tradicionais das mulleres do mar

Acollía onte o IES Ramón Caamaño de Muxía unha actividade no marco do Proxecto Sisargas impulsado por ANMUPESCA (Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca) e apoiado polo GALP Costa da Morte.

O acto "Cociñamares" serviu para poñer en valor os oficios tradicionais das mulleres vinculados ás actividades pesqueiras e a cultura do mar e tamén os produtos pesqueiros da Costa da Morte.
Na xornada expuxéronse os resultados do proxecto Sisargas a través da secretaria de ANMUPESCA, Ángeles Mille, Redeira da Asociación “O Fieital” de Malpica.  

A Directora Xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, resaltou a importancia que ten a formación profesional dual para o emprendemento e o emprego no sector da hostalaría nun territorio como é a Costa da Morte, cunha demanda cada vez maior, sendo, tamén a mellor maneira de poñer en valor o produto pesqueiro. 

No mesmo sentido, a Directora do IES Ramón Caamaño, Pilar Mirón, resaltou a ilusión e as capacidades que ten o centro na formación dos futuros profesionais da hostalaría, adquirindo competencias e técnicas de cociña que poñen en valor o produto pesqueiro da Costa da Morte.

Neste relatorio a nutricionista do Sergas, Cecilia Áurea Casais, incidiu na importancia de manter unha alimentación saudable como é a que se orienta ao consumo do produto pesqueiro e o produto KM0.

A Xornada contou, tamén coa participación de Guillermo González, Xerente do GALP Costa da Morte, que expuxo a relevancia deste tipo de proxectos dentro do marco de axudas do FEMPA, Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura. Actualmente está aberto o prazo de presentación de solicitudes de axuda do citado fondo ata o próximo día 21 de marzo.

Xornada no FP Dual de Hostaleria do IES Ramon Caamano de Muxia co GALP
No remate da  Xornada, ofreceuse un menú degustación do produto pesqueiro elaborado polo profesorado e alumnado do IES Ramón Caamaño. 

Comentarios