Luns. 29.04.2024
El tiempo

Sandra Vilela: "Cando de verdade se busca o ben común, as siglas deberían pasar a un segundo plano"

Despois das explicacións aportadas por Mercé Barrientos do BNG e polo independente Javier Sar, temos tamén a visión de Sandra Vilela, a voceira do PP de Muxía, que envía esta carta aberta sobre a investidura alternativa fallida a Iago Toba. 

Sandra explica como foi o proceso de negociacións el iñas vermellas, pero deixa aberta a posibilidade a segur traballando conxuntamente para "desaloxar a Iago Toba do goberno".

SANDRA VILELA PP MUXIA
Sandra Vilela: "Cando de verdade se busca o ben común, as siglas deberían pasar a un segundo plano"

CARTA ABERTA DE SANDRA VILELA

Sen dúbida a permanencia do goberno de Iago Toba en Muxía é unha malísima noticia para o noso concello. Despois de 12 anos de grandes maiorías absolutas o PSOE perde esa confianza dos veciños e era, sen dúbida, un gran momento para que o cambio chegase ao noso concello. E, entón, por que o cambio non chega a Muxía?

Din dende a formación IxM e dende o BNG que fixeron todo o posible para que así fose e que a culpa é da postura do Partido Popular mais non o cremos así dende a nosa formación.

Para comenzar, a forza máis votada das 3 é o Partido Popular polo cal parece lóxico plantexar que teñamos que ser nós quen lideremos ese goberno, como acaba de pasar, por exemplo, en Ponteceso onde o PP gobernará apoiado polos partidos que, de verdade, querían un cambio e que nen sequera formarán parte do goberno senón que o que buscaban era facilitar a saída de Carballido. Eso sí é ser xeneroso.

O BNG dicía “non poder facelo” polas liñas vermellas marcadas polo seu partido, sen embargo, vemos casos como o de Viana do Bolo onde o propio BNG facilitou coa súa abstención un goberno do Partido Popular xa que, cando de verdade se busca o ben común, as siglas pasan a un segundo plano ou deberían facelo.

Descartada a posibilidade de que o PP liderase ese goberno, o Partido Popular fai outra proposta: QUE O BNG LIDERASE ESE CAMBIO E A ALCALDÍA RECAESE NESTA FORMACIÓN e IxM e PP complementen o goberno.

É imposible gobernar cun só concelleiro, como é o caso do BNG polo que no PP entendemos que as cousas deben de facerse pero ben, non por enquinas persoais, senón buscando un goberno alternativo, estable e serio para o noso concello.

O BNG RECHAZA A ALCALDÍA xa que insiste en que o PP non pode formar parte de ningún goberno.

Sobre a proposta do PP de facer alcalde ao BNG, OS IXM TAMÉN A RECHAZAN: “nós queremos gobernar en minoría e non imos a darlle a alcaldía ao BNG porque teñen menos votos ca nós”, expresaba o candidato Sar.

Sorprende que o candidato de IxM non queira ceder a alcaldía a outro partido por ser menos votado ca eles cando é xusto o que nos piden ao PP e iso fainos preguntarnos, PERO A PRIORIDADE É DESALOXAR A TOBA DO GOBERNO OU É COLLER A ALCALDÍA?

Ó longo de 15 días de negociacións onde dende o primeiro momento lle fixemos coñecedor a Sar de que non apoiaríamos a súa investidura dado que así se decidio na xunta local do PP, o sábado pola mañá ás 9.30 horas recibo unha chamada onde se me di por parte dos IXM que “cren” que o BNG aceptaría que eu cogobernase con IxM pero que non podería ser agora, senon dentro de “un ano ou un ano e pico” e que o compromiso do BNG é o de non facer unha moción de censura, tampoco o de apoiar ese goberno.

Ante esto eu pregunto se o BNG estaría disposto a firmar algo por escrito xa que se me indica que non se pode dar a coñecer o acordo, ó cal se me contesta “NON”.

Quee garantías ten o PP entonces de que dentro de un ano ese acordo se vaia a cumprir? Caal é a motivación de facelo dentro de un ano?

Despois de 15 días de falar, espérase ao día da investidura para facer unha “oferta” se é que pode chamárselle así xa que para nós non houbo tal?

Mais, o PP non se cerra a seguir falando e trasládolle ao candidato de IxM que a lexislatura empeza ese día e temos tempo de seguir falando se queren.

Se a prioridade real é a de desaloxar a Iago Toba do goberno, aquí está o PP disposto a liderar ese cambio.

Os IxM e o BNG só teñen que facilítalo

  • Sandra Vilela, Presidenta Local do PP de Muxía

 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios