Tarde axitada en Muxía: Rescatan dous surfistas en apuros e trasladan un ferido tras ser atropelado por un tractor
Tarde movida para os membros dos corpos de seguridade de Muxía. Pasaban das 17:15 cando o 112 mobilizada á embarcación de Salvamento Marítimo Salvamar Altair para o rescate de dous surfistas que estaban en apuros nas proximidades da Praia do Lago.
Un deles conseguía chegar á praia de Leis, onde tiña o sei vehículo, eos outros consiguen retomar travesía por mar, ata a mesma praia escoltados pola embarcación.
Accidente cun tractor en Merexo
Ao lugar tamén acodían os membros de Protección Civil, que tamén foron mobilizados, apenas media hora despois, por un accidente cun tractor no lugar de Merexo. 061 e o Helicóptero H3 acodiron ao punto, ademais da Garda Civil, onde comprobaron que un home era atropleado polo seu tractor, e tiveron que axudalo para saír, sen necesidade de facer uso do equipamento de excarceración..
As lesións provocadas polo accidente motivaron a mobilización do helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.