Martes. 07.12.2021
El tiempo

60 hectáreas arrasadas no incendio de Buiturón

60 hectáreas arrasadas no incendio de Buiturón

Entre Vilarmide e Buiturón, precisamente na parroquia muxiá de San Tirso de Buiturón, un incendio afumeou o sur da Costa da Morte durante a pasada tarde de martes 27 de marzo de 2012. Dende Corcubión a Dumbría, pasando por Muxía ou Vimianzo, toda a bisbarra só tivo que asomarse á fiestra para ver este forte incendio. E para respiralo pois zonas como Vimianzo estiveron moitas horas tomadas polo fume

O incencio prendía arredor das 15:00h con dous focos, sobre as 16:00h Medio Rural informa de que non é maior de 20 hectáreas, polo que como é habitual, non aportaba máis información á prensa. Pero arredor das 18:00h xa pasaba e dende a administración informaban de que había motbombas, 2 helicópteros, varios axentes forestais... e moitos veciños, traballando para sufocalo.

O lume foi controlado finalmente arredor das 20:00h, tras arrasar 60 hectáreas, coma campos de fútbol, do monte muxián.


Visualizar o mapa ampliado

Seguiremos informando.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios