Martes. 10.09.2024
El tiempo

Unha doazón moi artística para o Concello de Muxía

Unha doazón moi artística para o Concello de Muxía
Maria Martinez doando duas das suas obras ao alcalde de Muxia Se a semana pasada era Manuel Rival o que facía unha fermosa doazón de libros ao Concello de Vimianzo, esta mañá, foi a pintora María Martínez a que a amosou a súa vontade para agasallar ao Concello muxián cun par de cadros da súa autoría. A artista muxiá foi recibida polo Alcalde de Muxía, Félix Porto, no edificio da Casa Consistorial, onde as obras quedarán expostas de xeito permanente. Estas dúas obras están baseadas na vida muxiá, xa que unha delas está inspirada en Vituco, o zapateiro e a outra en mulleres muxiás cuios rostros se mesturan na obra con formas abstractas. O Alcalde de Muxía agradeceu a María esta desinteresada doazón e mostrouse satisfeito de ter unha pintora máis nas filas dos artistas muxiáns. Muxía é un lugar que chama poderosamente a atención de artistas e hai un bo número deles que traballan neste lugar da Costa da Morte, tanto artistas locais como chegados doutros lugares, e que escollen Muxía para asentarse. No caso de María, el é de Muxía, aínda que estudiou e traballou fóra de España e desenvolviu a súa actividade, principalmente en Londres.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muxía.

Comentarios