Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unhas cen persoas participan no VII encontro na Casa de Trillo

Unhas cen persoas participan no VII encontro na Casa de Trillo
encontro-casa-trillo Margarida Mariña e Fernando Barroso encargaronse de amenizar o VII encontro que tivo lugar o mércores na Casa de Trillo, en Muxía Unhas cen persoas participaron na tarde do mércores no VII Encontro na Casa de Trillo, no conxunto que leva o mesmo nome, ubicado en Santa Mariña, Muxía. Nesta ocasión, o protagonista foi un concerto do compositor e músico de corda Fernando Barroso, acompañado ao violenchelo por Margarida Mariña. Con esta actuación estrearon o seu novo repertorio, que interpretarán seguidamente en A Coruña e Ferrol, antes de partir para o festival de Madeira. De presentar o acto encargouse Pilar Trillo, filla dos propietarios, quen aproveitou para dar a coñecer a oferta deste ano do Outono Gastronómico. Tanto o presidente da federación de Empresarios da Costa da Morte - José Gabín - como a tenente de alcalde de Muxía - Pura Lema - destacaron que foi Casa de Trillo a pioneira do turismo rural en Muxía e que apostou sempre pola calidade, obtendo a certificación nacional Q desde o primeiro momento. Lema, que falou en nome do alcalde, que se atopaba de viaxe, dixo tamén que desde o concello apostaron sempre por apoiar o sector de turismo rural, acompañando á asociación local a múltiples feiras e encontros promocionais. Tralo concerto, fortemente aplaudido, os asistentes degustaron uns pinchos variados, feitos todos con productos da terra. Asistentes ao concerto na Casa de Trillo Asistentes ao concerto na Casa de Trillo Novas relacionadas Fonte

Comentarios