Venres. 26.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Merexo lamenta o esquecemento municipal: “Botar o lixo ao contedor converteuse nunha odisea”

Estado das ruas de Merexo un dia seco
Estado das rúas de Merexo, cheas de limo e verdello, un día seco coma hoxe
A veciñanza de Merexo lamenta o esquecemento municipal: “Botar o lixo ao contedor converteuse nunha odisea”

Aínda lembrando a lameira na que se convertiron as rúas aló por novembro (tivo que vir a televisión para que o Concello accedese a limpar a lameira…), a veciñanza de Merexo volve lamentar o estado no que se atopan as súas rúas. A utilización dun cemento moi liso na última remodelación da estrada, fai que coa humidade que trae este inverno, ás rúas lle saian “limo”, e estean tremendamente esvaradizas. “Xa caeron varios”, comenta a veciñanza.

Xa presentaron dúas solicitudes por sede electrónica para que a brigada municipal veña limpar con lixivia ou algún outro produto e eliminar o verdello, pero a resposta municipal por agora é nula. “Que lle fixemos os veciñ@s de Merexo?”, pregúntanse moitos.

Faise eco o BNG muxián, que critica o “desleixo reincidente do goberno de Muxía con Merexo”. “As rúas seguen sucias, cheas de limo e perigosas, así que ir botar o lixo ao contedor converteuse nunha odisea dificultada polo tempo ventoso e chuvioso”, lamenta Carlos Concheiro.

O grupo do BNG critica que o alcalde siga “incumprindo as súas obrigas, se nega reiteradamente a responder as preguntas da oposición nos plenos; tamén son coñecidas as incomprensibles dificultades que a cidadanía ten para ser recibida polo alcalde e que é habitual que cando lles dá unha cita, non apareza”. “Merexo é so un dos casos de abandono das labores de mantemento e limpeza. Lamentablemente, hai moitos máis”, remata.

Novas relacionadas

Comentarios