Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A veciñanza de Vilachán e de Cibrán denuncian o desprezo municipal co apoio do BNG

caminos de cibran
Camiños de Cibrán
A veciñanza de Vilachán e de Cibrán denuncian o desprezo municipal co apoio do BNG

Segue a veciñanza de Muxía cabreada polo estado dos seus camiños. Longa é a travesía da estrada de Vilachán, despois de moitos meses, dende maio, coa estrada pechadesperando pola reparación da ponte, ata o punto de que, segundo asegura o BNG, vai retomar as mobilizacións ante “o que cualificaron de “secuestro” por parte do alcalde”.

Cibrán

Mentres, en Cibrán denuncian tamén o “desleixo e a falta de resposta e de palabra do goberno municipal”, que os obriugou a recorrer ao BNG reparar varios camiños con “gravilla”. Aseguran que o rexedor pasou polo lugar na mesma semana das eleccións e lprometeu que arranxaría canto antes un problema nun vial da aldea que levaba toda a lexislatura sen mantemento algún. Daquela chegara á aldea un tractor que ía poñer gravilla – segundo lles indicou aos veciños e veciñas- mais ao ver o estado do vial, marchou e todo quedou como estaba ata hoxe.

O mal estado deste camiño do núcleo urbano, que se pode apreciar nas fotografías, non é o único problema desta aldea: teñen a estrada de acceso ao alto de Suxo completamente intransitable. Tanto que o propio Google Maps indica que para facer os 4,5 Km de percorrido ata o alto de Suxo se invirten máis de 10 minutos, é dicir, hai que circular a uns 25Km por hora de media. O anterior alcalde, Félix Porto, arranxara parte do vial, mais deixou un tramo da pista sen asfaltar e, ante a falta de mantemento nestes anos, as escorrentías provocan que estea totalmente impracticable en coche.

Pontella

Por outra banda, tamén van máis de catro anos desde que o actual rexedor municipal prometera á veciñanza arranxar a pontella sobre o río Castro, desfeita por unhas enchentas. Mais polo momento non se tratou esta obra en ningunha comisión nin pleno municipal, polo que a veciñanza se puxo en contacto coa portavoz do Bng para trasladarlle esta demanda, segundo denuncia o BNG.

Comentarios