Sábado. 02.11.2024
El tiempo

A billarda puido co vento de Razo

Billarda en Razo boa
A billarda puido co vento de Razo

Acollía esta fin de semana o campo de fútbol de Razo a 10ª xornada da Liga Atlántica de Billarda, correspondente á Conferencia Noroeste. A pesar do vento, a xornada desenvolveuse con normalidade e deportividade, demostrando o potencial deste xogo tradicional.

Foron moitos os espectadores os que estiveron anacos disfrutando do campionato, paseantes e surfeiros que disfrutaron tamén do bo facer dos palanadores.

A xornada serviu para recoñecer a implicación do palanador do equipo APB da Laracha, Roi Rey Castro, que suma 100 xornadas na Liga.
O seu equipo, xunto co Campo da Feira de Paisaco e Billarda do Toxo, foron recoñecidos na Gala do Deporte do Concello da Laracha.

Billarda en Razo 3

No deportivo, o campión infantil foi Miguel (Campo da Feira-Paiosaco), por diante de Aleixo (Cochiqueiros -Cerceda) e Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña).

BIllarda Razo Podio fem

En categoría feminina venceu Marisa (Lúa de Forza -Sanxenxo), deixando por detrás ás larachesas Merche (APB-A Laracha) e Auri(Campo da Feira-Paiosaco).

Billarda en Razo podio absoluto

E en categoría absoluta, volveu vencer Xan Rodiño (Lúa de Forza -Sanxenxo), seguido de Enrique (Campo da Feira-Paiosaco) e Iván(APB-A Laracha).

Así, por equipos venceu o Campo da Feira de Paiosaco, por diante do APB Laracha, e o Cochiqueiros (Cerceda).

A seguinte cita será o 26 de marzo na Praia de Bastiagueiro (Oleiros).

Billarda en Razo

Novas relacionadas

Comentarios