Luns. 20.05.2019
El tiempo

O Calvo Xiria inicia un novo intento de asalto ás División de Honra Prata

O Balonmán Xallas afronta a ida da Fase de Ascenso á 1ª Autonómica

O Calvo Xiria buscará, por cuarto ano consecutivo, o ascenso á segunda división estatal
O Calvo Xiria buscará, por cuarto ano consecutivo, o ascenso á segunda división estatal
O Calvo Xiria inicia un novo intento de asalto ás División de Honra Prata

Un ano máis, o cuarto consecutivo, o Calvo Xiria participa na Fase de Ascenso á segunda categoría do balonmán estatal, a División de Honra Prata. O ano pasado caía en Santoña, en 2017 facíao en Lanzarote, en 2014 tocaba sufrir en Ciudad Real. A marea verde está acostumada a sufrir pero soña con que Avilés sexa o lugar escollido para celebrar un ascenso máis que merecido. Por iso, son máis de 150 os Xiriareiros bergantiñáns que se desprazan á vila asturiana.

O Calvo Xiria chegará sobre as 18:30 h a Candás (a 17km de Avilés), onde instalará o seu cuartel xeral ao longo de toda a fase. Unha vez instalados, os de Xiria achegaranse ao pavillón La Magdalena para realizar o último adestramento antes do partido do venres.
Calvo Xiria iniciará a súa andaina neste grupo II o venres ás 18:00 h, no que será o pistoletazo de saída á fase de ascenso a DHP. En fronte, terá ao conxunto valenciano do Viscoconfort Maristas Algemesí, un gran equipo dotado dun cadro de persoal moi compensado e onde destaca o seu extremo esquerdo, o goleador Padilla.

O segundo e terceiro día, o Calvo Xiria medira forzas cos asturianos e cataláns do Cafés Toscaf ATL. Avilesina e o UE. Sarriá respectivamente, dous rivais de entidade e que no caso dos primeiros contarán co plús de xogar en casa.

Fase de Ascenso do Bm. Xallas

Despois de perder o ascenso directo na última xornada, e de quedar 4º na Copa Federación que organizaron no pavillón de Fontenla, o Bm. Xallas, sen tempo a lamentarse, afronta esta fin de semana a Fase de Ascenso á 1ª Autonómica. A ida será o sábado ás 18:30 partido de ida en Fontenla ante Viveiro.

Bm Xallas afronta a fase de ascenso

Novas relacionadas

Comentarios