As Carrilanas Esteiro abren unha Escola de Pilotxs
O Gran Prix de Carrilanas irrumpe con forza no Campionato Galego de Karting. Faino a través da Escola de Pilotxs que pon en marcha a A.D.C Esteirana de Carrilanas neste 2021, para fomentar o automobilismo entre a mocidade.
”O karting representa unha modalidade que encaixa á perfección cos valores que a asociación das carrilanas pretende implementar nas súas actividades. Unha competición na que nenos e nenas acoden en familia aos circuitos da xeografía galega practicando un deporte alternativo aos tradicionais”, sinalan dende a entidade para explicar esta “aposta innovadora pola nosa canteira”: “Temos madeira de pilotxs”, apuntan con fachenda.
"A creación dun proxecto propio para a difusión da cultura carrilaneira, é sen dúbida un activo de gran valor municipal e provincial que agardamos poida medrar con paso firme e incorporar máis pilotxs en próximas competicións".
Pablo Molinos Buján será o primeiro piloto esteirán que con 11 anos de idade trocará o volante de madeira da súa carrilana polo do seu kart da categoría cadete. Os únicos obxectivos marcados son os de aprender e divertirse, sempre baixo a dirección da familia e cos estudos como prioridade absoluta.
A primeira proba será 18 de abril no Circuíto de a Madalena (Pontevedra).
Novas relacionadas
- Febreiro 21: As Carrilanas de Esteiro xa son Festa de Interese Turístico Nacional
- “O Gerente” cede todo seu legado ás Carrilanas.
- Carrilanas 2019: Un Goya para as Carrilanas de Esteiro.
- 2018: Un 10 para as Carrilanas de Esteiro.
- 2016: As Carrilanas de Esteiro, en vídeo.
- Carrilanas 2016: As Carrilanas de Esteiro, moito máis que un Gran Premio de F1.