Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os clubs de Cee e Baio participan na 1ª xornada da Liga FITE Galicia de Taekwon-Do ITF

Cartel Liga Fite Taekwondo Cee 2020
Os clubs de Cee e Baio participan na 1ª xornada da Liga FITE Galicia de Taekwon-Do ITF

O Club Cee Deportes de Contacto vén de presentar a 1ª xornada da Liga FITE Galicia, de Taekwon-Do ITF 2020 que terá no Concello de Cee o vindeiro sábado 15 de febreiro (Pavillón Municipal de Cee). O club local que xa ten experiencia na organización deste tipo de xornadas, que conta coa colaboración do Concello de Cee a través do servizo de deportes, nesta ocasión porá en competición a uns 40 deportistas.

Uns 300 deportistas de 12 clubes galegos, participarán nesta xornada de Cee en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 horas.

Esta liga FITE GALICIA 2020 celebrarase en 3 sedes nas seguintes datas Comeza este sábado en Cee, continuará o 14 de marzo en Oroso e rematará o 18 de abril en Coirós.

Ademais do club Club Cee Deportes de Contacto, que xa ten experiencia nestes eventos da man do departamento de Deportes, e que porá en competición 40 deportistas, tamén participa o ITF Baio, sendo o resto de participantes o Liceo de Noia, ITF Noia, ITF Coirós, Panteras Celtas Betanzos, ITF Oroso, Cam Tae Box Cerceda, ITF Carballo,Cam Santiago, Opc Fitness Ordes, Máster Gim.

Anímate

O Club Cee Deportes de Contacto fundado no 2009, ven desenvolvendo nos últimos anos as súas escolas deportivas de taekwon- do ITF e de kick boxing durante todo o curso, os luns e mércores no Pavillón Municipal de Brens (dirixidas a cativos e adultos).

Comentarios