Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Conco foi a capital do volei estatal coa organización fermosa e intensa Copa Príncipe

Ambientazo para Copa Principe de Volei no Conco copia
Ambientazo para ver a Copa Príncipe no Conco
O Conco foi a capital do volei estatal coa organización fermosa e intensa Copa Príncipe

Fermosa fin de semana a que vivíu o Conco coa organización da Copa Príncipe 2020. Un evento que volve colocar a Dumbría e a Costa da Morte no centro das miradas do deporte de nivel estatal, pois son os 4 mellores equipos da categoría de plata os que participaron nesta competición en formato “final four”. Dende o Concello dumbriés amósanse tremendamente satisfeitos coa organización, e así foron felicitados polos tres equipos rivais, así como tanto pola Federación Galega como pola Española de Voleibol.

Precisamente o presidente dafederación estatal quedou sorprendido pola afluencia de xente, pois foron máis de 1.000 persoas as que protagonizaron un ambiente espectacular no pavillón costeiro.

Jose Manuel Pequeno alcalde de Dumbria entregando a Copa Principe ao Barca de Volei
Jose Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría, entregando a Copa Príncipe ao Barça

No deportivo, o gran favorito era o Barça, e así o ratificou vencendo por 1-3 ao Boiro e por 3-0 ao Tarragona SPSP. Un cadro tarraconense que venceu na segunda semifinal, desputada na tarde sabatina, ao Volei Dumbría. O equipo anfitrión sabía que o rival era moi forte defensivamente, e así o confirmou. Comezaron dominando os locais, cos puntos de Néstor González e Daniel Muñoz. Os cataláns deron a volta ao marcador, e a chave estivo no cuarto set, cun apretado 26-24 que impediría que os de Luís Alberto Fernández puidesen forzar o quito set.

En todo caso, a proba serviu tamén de tenteo para a Fase de Ascenso, onde o máis probable é que se volvan atopar os dous equipos cataláns e os dous galegos, buscando o pase á categoría de ouro do volei español.

Partido do Volei Dumbria na Copa Principe copia
Imaxe da semifinal entre Volei Dumbría e Tarragona

Gran repercusión

As semifinais tiveron 13.000 reproducions só polas redes sociais, aínda podedes ver as semis neste enlace de Facebook de LaLigaSports, cos comentarios de Quique Portela. Ademais, foron 9.000 os que seguiron a final polas redes, ao que se lle poden sumar outras tantas persoas, pola app da plataforma. É dicir, calculan que unhas 45.000 puideron ver a Copa Príncipe do Conco, convertíndose nunha das tres retransmisións máis vistas da fin de semana na plataforma multideportiva de LaLiga, co que todo iso significa a nivel turístico, pois foron moitas as imaxes da Costa da Morte inseridas, gracias ao traballo do equipo organizador municipal, na retransmisión.

&Nbsp;

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios