Luns. 06.05.2024
El tiempo

Dous xogadores do Manuela Rial de Volei disputan o Campionato de España coa Selección Galega

Dous xogadores do Manuela Rial de Volei disputan o Campionato de España coa Selección Galega

Os xogadores do Colexio Manuela Rial de volei, Javier Dominguez e Juan Carballo, atópanse en Cartagena disputando entre o 26 de abril o 1 de maio o Campionato de España por seleccions autonómicas representando á Selección Galega na categoría Infantil Masculino.

Os xogadores ceenses están a participar como titulares no equipo galego, Javier coma central e Juan coma opuesto. O primer partido foi ante a Comunidade Valenciana e perderon por 3-1 (25-18, 20-25, 25-14, 25-22), pero no segundo venceron a Asturias por un claro 3-0 (25-10, 25-13, 25-15) cunha clara aportación dos nosos xogadores. Con esta vitoria a selección galega asegurouse a clasificación para a seguinte fase.

Hoxe, xoves 28, os nosos xogan ás 12:00h ante os anfitrións, R. Murcia. E a partir de mañá xa se xogará a segunda rolda, que xa é por eliminatoria. Extremadura ou Canarias poden ser os rivais dos galegos sempre que venzan aos murcianos. De non ser así, terano máis complicado ante Andalucía ou Madrid.

Información do Campionato

Dende www.regiondemurciadeportes.es/Campeonatos podemos seguir o Campionato case que en directo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios