Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Fase de Ascenso á máxima categoría do volei estatal disputarase no Conco

 

O Conco acollera a Fase de Ascenso SuperLiga
O Conco acollerá a Fase de Ascenso SuperLiga
A Fase de Ascenso á máxima categoría do volei estatal disputarase no Conco

Ten tintes esta para ser unha campaña histórica para o Volei Dumbría. O equipo xuvenil quedaba subcampión galego, o equipo sénior, apenas 5 anos despois da súa creación, xa levantou a título de campión da Copa Galicia, e aspira a subir á máxima categoría do volei estatal.

O cadro que dirixe Luís Alberto Fernández quedou na 2ª praza da SuperLiga2, e dispotará a fase de ascenso á Super Liga. Unha fase de ascenso que se celebrará na Costa da Morte, no pavillón do Conco, os vindeiros días 26, 27 en 28 de abril.

Unha competición estatal de primeiro nivel, que contará coa presencia do EMEVE Lugo, intratable este curso no grupo A no que xogou o cadro dumbriés, rematando a Liga sen perder partido. Dende o Grupo B estarán na fase o Voleibol Almoradí (Alicante) e o Mediterráneo Castellón (xa estivo en SL).

Será unha competición en formato liguilla, con 2 partidos cada día, e subirán os 2 primeiros.

 

César Ferrío quere animar a todo o mundo a disfrutar deste evento. “Unha competición así, do máximo nivel nacional, é algo que difícilmente se pode repetir aquí. Os 4 equipos solicitaron a fase, e que nolo dean a nós, un pobo de 3.000 habitantes, por diante de cidades como Alicante, Lugo ou Castellón, é algo que hai que valorar. Unha aposta da Federación polo rural, unha Federación que sabe que en Dumbría imos encher o pavillón”, confirma.

En todo caso, é cauto á hora de valorar as posibilidades do cadro dumbriés. “Son equipos que tiñan como obxectivo ascender, e nós non o tiñamos. Pero, claro, agora atopámonos aquí e temos que competir, disfrutar, e intentar meternos entre os dous primeiros, e despois xa veremos as posibilidades. Porque temos que analizar todo moito con moita cautela, que podes decidir ascender e que sexa a túa propia tumba”, explica.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios