Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Medio centenar de pilotos danse cita no Autocross de Carballo

presentacion autocros carballo 2023
Marcos Trigo e Evencio Ferrero, concelleiro de Deporte e alcalde de Carballo, xunto con Juan Puga e Diego Iglesias, da escudaría organizadora Máis Motor, na presentación
Medio centenar de pilotos danse cita no Autocross de Carballo

O circuíto municipal de Bértoa acollerá este ano acollerá tres probas. A primeira dispútase este sábado con 49 pilotos en liza, e será a terceira das 7 probas do campionato galego. Entre os participantes, catro carballeses: Daniel Castro e Alfonso Álvarez Rives, na categoría de +1600 cc, e Javier Ramilo e Esteban Trigo, en carcross. Os dous primeiros corren pola escudería local, mentres que os dous carballeses que compiten en carcross fano por Yacar Racing.

O espectáculo do motor arrincará o sábado ás 10.00 horas cos adestramentos. A partir das 15.00 horas disputaranse as semifinais, e as finais están previstas para as 17.00 horas. O circuíto, como puideron comprobar hoxe tanto os representantes municipais coma os de Máis Motor, está preparado para a carreira, e ademais estrea unha nova valla metálica para mellorar a seguridade do público.

Despois da cita desta fin de semana, o autocross volverá a Carballo o 8 de xullo, cunha proba do campionato de España, e no mes de novembro disputarase tamén no
recinto de Bértoa a última e decisiva do galego.

16Autocross-Carballo-ctoGalego-web

Comentarios