Miguel Rey e Brais Blanco, campións do Torneo Aberto de Vila do Conde coa Selección Galega de tenis de mesa
- Nova xornada nefasta para os equipos da comarca

Esta pasada fin de semana a Selección Galega acadou o título de campiona por equipos nas categorías sub15 e sub19 femenino no Torneo Aberto de Vila do Conde (Portugal). Unha selección dirixida polo seleccionador Miguel Rey, adestrador tamén do clube AD Zas e de varias escolas deportivas de tenis de mesa, e que contou entre as súas filas ao tamén zaseiro Brais Blanco.
A nivel individual Jiaqi Guo e Mateo Lois lograron tamén o ouro na proba Sub12, Mariña García sumou unha plata en sub19 e un bronce en Sub15 e Laura Forte un bronce en Sub15.
Gran participación pois da Irmandiña, que volve cargada de bos resultados do país veciño, vencendo a alguns dos mellores xogadores de Portugal en sendas categorías.
Xornada do tenis costeiro

Mentres, a familia soneirá segue competindo "daquela maneira". Esta foi unha nova fin de semana na que ningún dos equipos da comarca acadou a vitoria, pero no canto de desmoralizar fai que os zaseiros poñan aínda máis esforzo sobre a mesa. Estes foron os resultados:
3ª Nacional, Grupo Centro
- Oroso TM Medeiras I. Castros - AD Zas Ponciano Nieto 4-0
- Clinica Dental Carrasco - VTM Pintura sFigueiras 4-0
1ª Galega, Grupo Centro
- Cambre Anceis - AD Zas O Pinar 4-2
- CDTM Top Spin Pazo de Xerlís - VTM Aluminios _Xeal 4-1
2ª Galega, Grupo centro
- CTM GAM - AD Zas Cafeteria Talladas 7-0
- AD Zas Ponciano Nieto - CTM Lalín
- VTM Pinturas Figueiras - Zoolandia Conxo
- AD Zas O Pinar . CDTM Pazo de Xerlís
- VTM Aluminios XEal - Oroso Rios San Giao
- AD Zas Cafeteria Talladas - CTM GAM
Novas relacionadas
- Só o VTM Aluminios Xeal consegue a vitoria na fin de semana do tenis de mesa soneirán.
- Marzo 22: O AD Zas Ponciano Nieto ratificou a súa permanencia na 3ª Nacional.
- Marzo 22: A festa do tenis de mesa volveu a encher o pavillón de Zas.
- Febreiro 22: Zas acollerá o Campionato Galego de tenis de mesa.
- Novembro 21: A vimiancesa Laura García, ao campionato estatal de tenis de mesa.
- Outubro 21: O tenis de mesa costeiro arrincou unha temporada chea de desafíos..