Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha nova costeira para a familia herculina dos Dementores Quiddich

Antia Suarez Pereira ficha polos Dementores Quiddich
Antía Suárez Pereira ficha polos Dementores Quiddich
Unha nova costeira para a familia herculina dos Dementores Quiddich

Non puideron xogar o Campionato de Europa por mor da pandemia (xa se ten adiado en dúas ocasións e non hai data fixada aínda) tras proclamárense Campións de España. Pero os Dementores da Coruña seguen reforzándose con adn bergantiñán. Ademais dos Silvia Bermúdez, Jorge Espasandín e Alex Borrazás, o cadro herculino suma unha nova costeira para a súas filas, a malpicá Antía Suárez Pereira.

Coa competición parada a nivel rexional, estatal e europeo, coas restricións galegas de que os deportes de contacto non federados non poden adestrar en grupo, apenas fan quedadas en pequenos grupos para saír a correr. Pero en todo caso, a esperanza de poder retomar a competición e asaltar a Champions segue na mente do cadro coruñés.

Foi o seu mozo, o coristanqués Álex Borrazás, o que meteu no lío a Antía. Xa leva tempo invitándoa a sumarse a esta familia, e finalmente Antía sobe ao barco deste deporte de novela, que mestura rugby, baloncesto, balón prisioneiro… “A min sempre me gustou o brilé e o quiddich é parecido”, explica Antía, decidida a alzar a Copa de Europa en canto se poida.

”Tiña gañas de poñerme a facer deporte, e este é un deporte moi dinámico, vas todo o rato de arriba para abaixo. Ademais, é certo que hai un ambiente excepcional”, explica en relación á familia dos Dementores, a pesar de non poder celebrar os seus habitais terceiros tempos.

Así, Antía será unha das novas “Chaser” do cadro coruñés.

Novas relacionadas

Comentarios