Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Anorthosis mira de lonxe o ascenso

O Anorthosis mira de lonxe o ascenso

Pouco que contar deste fin de semana no tocante ao tenis de mesa costeiro. I é que os nosos tiveron boas e malas novas. As boas, protagonizadas polo Concello de Zas Angepon, que non tivo dificultades para superar ao Breogan Oleiros C, nun encontro no que estiveron a gran altura Angel e Gonchi gañando todos os seus partidos. Ademais, o filial do Anorthosis fixo debutar a Brais Blanco, un rapaz da canteira, mostrando as boas formas e que hai madeira e futuro.

Pola contra, os de Anorthosis abriron os ollos pero non espertaron para xogar. Así para os do Liceo foilles facil gañar o encontro e practicamente asegurarse o ascenso. Roi desperezouse e gañoulle a Lino evitando un rosco.

Resultados 2ª Galega. Grupo Centro. 14ª xornada

  • Liceo Senior - Anorthosis Vimianzo (6-1).
  • Breogan Oleiros C - Concello de Zas Angepon (2-5).

Resultados 3ª galega. Grupo Noroeste. Xornada 12

  • Breogan Oleiros G - Concello de Zas P. Tivoli (0-7).
  • Andeiro Promesas - Concello de Zas O Pinar (4-3).

En 3ª resultados normais, pois a superioridade do Concello de Zas P tivoli foi manifesta e o Concello de Zas O Pinar segue a gañar partidos cada vez máis. Para a vindeira temporada chegarán as vitorias.

Vindeira cita

  • 2ª Galega grupo centro:
    - Sábado 31 de marzo ás 11:00h en Oleiros: Breogan Oleiros B / Concello de Zas Angepon (encontro cambiado de orde, eles xa xogaron en ZAs na primeira volta).
    - Domingo 1 de abril ás 11:00h no ximnasio do Cpi de Zas: Anorthosis Vimianzo / IES Virxe do Mar de Noia.
  • 3ª galega grupo noroeste, Sábado 31 de marzo as 17 h. no ximnasio do CPI de Zas:
    - Concello de Zas P. Tivoli / IES Virxe do Mar B;
    - Concello de Zas O Pinar / Breogan Oleiros G.
  • Máis información

    Novas relacionadas

    Crónicas de tenis de mesa

    Outras novas

    Fonte

    • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

    Comentarios