Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas xa é o máximo goleador da categoría

O Bm. Camariñas xa é o máximo goleador da categoría

O colista visitou o Areal de Camariñas e aguantou o primeiro periodo, para despois entregar un partido que ao final se lles fixo longo a todos, xa que a diferenza ao final foi fiel reflexo do ocorrido no campo. O Bm. Camariñas como máximo goleador da categoría marcou 40 goles, que puideron ser máis e encaixou 25 que deberon ser bastantes menos, o que nos indica que a defensa camariñana non alcanzou.

As que non tiveron premio foron as do Bm. Encaixe, que caían ante un dos favoritos con contudencia, e tras saír ao campo xa case que derrotadas.

1ª Autonómica Feminina, 9ª Xornada

3 xogadoras do Balonman Encaixe-Foto-Jorge parri
  • Resultado: Bm. Porriño - Bm. Encaixe Camariñas (38-12)
  • Parciais: 15-4 ao descanso
  • Bm. Encaixe: Karen (p), Aida (1), Tina (1), María Oanes, Alicia, Sara (5), Cris Caamaño (3). Tamén xogaron: Judith, Vero (2), Cris Sande e Raquel.

Mal partido contra o mellor equipo da categoria, onde as de Camariñas saíron sen intensidade e con poucas gañas de pelexarlle o partido. Agora toca olvidar ese traspés e pensar no próximo encontro contra o Carballal onde non se lle poden escapar os 2 puntos.

1ª División Autonómica, xornada 4

  • Resultado: Bm. Camariñas - Club Bm. Moaña (40-25)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Alan (6), Eusebio (1), Jaime, Sergio, Ángel (10), Xabi (5), Catalán (8), Damián (4), Antelo (1), Borja (5).

Gran partido, moi goleador, do equipo conserveiro. Destacar a boa adaptación que estan tendo os xuvenís que se incorporaron ao primeiro equipo, proba diso son os 10 goles de Angel que fixo un gran partido.

O próximo fin de semana viaxará o Camariñas Conservas Boya a casa do lider imbatido Balonman Promens de A Cañiza, un bo partido, no que varias baixas lastraran ao equipo camariñán, Perón por sanción, Fari e Frutos lesionados, e coas dúbidas de Borja e Alan.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios