A Quedada dos Chorolos Competición: moito máis que un evento de coches

13:31 13/09/22
Coñecimos este verán ás novas xentes dos Chorolos Competición. Un grupo de rapaces e rapazas da comarca que queren revolucionar o sector do motor da Costa, e que xa teñen en marcha un novo evento.
O 1 de outubro preparan xa a III Quedada no polígono de Cerceda, no que será moito más que un evento de coches.
Non haberá ruta, é un evento nun recinto pechado, no que haberá numerosos espectáculos:
- Exhibición 4x4 de todoterrenos, a cargo dos amigos de Zumbalacazán 4x4.
- Exhibición de drift a cargo do gran piloto Benito Alonso.
- Mini circuito para todos os asistentes que queiran participar con sus coches personais.
- Tramo espectáculo para todo aquel que quiera exhibir o seu coche.
- Concertos a cargo de BJ Blas, DJ Kiddy, LGZ, Jus Y Kue, DJ Briss Trad, Lesta Fernandez, Toni Realness, Lima, Ser, Sofi Peries, Metak e Uxia.
- Fogos de artificio.
Haberá dos tipos diferentes de entradas:
- Tícket estándar (15€): inclúe seguro de responsabilidade civil, acceso a todo o recinto, acceso a circuíto pechado, acceso a zona de exposicións, uns stickers e uns lights.
- Tícket Chorolo (25€): inclúe seguro de responsabilidade civil, acceso a todo o recinto, acceso a circuíto pechado, acceso a zona de exposicións, uns stickers, uns lights e a maiores inclúe a comida.
Podes facerte cunha entrada contactando cos Chorolos Competición nas redes ou comprar ao chegar 5 euros máis caras.
Dende as 12:00h da mañá ata as 0:00h, festa continua, e ademais haberá zona de acampada.
A asociación agradece a colaboración do Concello de Cerceda e do patrocinador “German Style Detail”.