Mércores. 24.07.2019
El tiempo

O tenis de mesa costeiro pechou a temporada co XI Torneo Ponciano Nieto e xa pensa no seu campus verán

Final Feminina do Torneo Ponciano Nieto
Final Feminina do Torneo Ponciano Nieto
O tenis de mesa costeiro pechou a temporada co XI Torneo Ponciano Nieto e xa pensa no seu campus verán

Gran éxito de participación no XI torneo Ponciano NIeto con cerca de 70 participantes, 68 en concreto, con inscripcións de última hora e sobrepasando o previsto pola organización coas mesas que tiña disponibles. A este torneo, ao que ningún dos inscritos falla, todos os invitados queren asistir polo ambiente que se respira no transcurso da competición en sí e sobre todo pola convivencia que se vive e desfruta entre todos durante a churrascada e que se prolonga ata o atardecer.

Nos resultados non houbo sorpresa nos masculinos pois dos anotados de última hora estaban o gañador do ano pasado Edu Quintela e Uxío Regueiro (xogador de 1ª nacional) que xogaron unha bonita final e moi igualada, 3-2 a favor de Uxío e 11-9 no 5º set. Tampouco no Open "B" donde José Sánchez impuxose co seu xogo lento a un Javi Rodríguez desconcertado e que non soubo resolver. Ni no infantil donde Julio Figuieras non tivo rivais. Donde si houbo algo de sorpresa foi no femenino donde Ana García perdía en semifinais contra Conchi López e esta na final con Beatriz Ceide. Estes foron os primeiros clasificados en cada categoría.

Dende o club agradecen colaboración de todos os participantes que fixeron deste torneo un exemplo a seguir en calquer competición deportiva e tamén facer extensible o agradecemento as axudas recibidas por parte dos organismos oficiais como son o Concello de Zas, Deputación Provincia e Xunta de Galicia, como por parte dos particulares entre os que destacan Ponciano Nieto, Asesoría O Pinar, Bazar Baio, Gadis, Aluminios Xeal e Dimobel. E sobre todo aos propios xogadores e pais do AD Zas que atenderon maravillosamente a todos os que asistiron a este torneo.

Podium categoria A do TOrneo Ponciano Nieto
Podio da categoría A

Campus de Verán

Aí está o cartel do campus de tenis de mesa que o vimianzo TM organiza este verán aproveitando o seu novo emplazamento no centro social e que o AD Zas descansa no mes de xullo para que todos aqueles que queiran aprender un pouco, xogar unha partidas ou non perder o toque.

CARTEL CAMPUS TENIS DE MESA Vimianzo-Zas

Todas as novas do tenis de mesa costeiro

Comentarios