xoves. 15.05.2025
El tiempo

A Cova Céltica da Fundación Eduardo Pondal

A Cova Céltica da Fundación Eduardo Pondal

A Fundación Eduardo Pondal continúa co seu programa anual de actividades durante este mes de marzo. A primeira cita será o día 19 coa segunda edición do faladoiro A Cova Céltica. Nela participarán os comeáns Quico Cruz, Francisco Abella Cruz e Fernando Vidal Collazo. O motivo do seu faladoiro será O cancioneiro e refraneiro de Corme recollido e publicado no século XX por investigador galego de Ben-Cho-Shei.

Os días 20 e 27 realizaranse dúas novas sesións de ensaio do programa "Das noites do prácido luar". Estas xeiras formativas, dixidas polo actro Lucho Penabade, serán ás 11 da mañá.

Para o día 26 de marzo está programada outra xornada de gravación-recolleita de memoria oral baixo o título de “Non des a esquecemento”. Nesta ocasión, recollerase a memoria musical do lugar de Limiñoa (parroquia de Cores. Ponteceso). Para iso, convidaranse a cantadores e bailadores do grupo Raíces Combinadas para que acudan á lareira da Casa do Cura e rememoren a súa importante tradición musical.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da FEP.

Comentarios