Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A mocidade de Ponteceo Rec.Apacita a través do audiovisual

A mocidade de Ponteceo Rec.Apacita a través do audiovisual

Importante aposta pola mocidade a que prantexa o Concello de Ponteceso. A Concellaría de Servizos Sociais vén de abrir un proxecto dirixido á mocidade, intentando que sexan os mozos da zona a que comecen a interactuar cara a cara coa sociedade. O proxecto ten como canle principal o audivisual e a publicidade, para que se convirtan nunha ferramenta de comunicación creativa, que poida servir para modificar actitudes, xerar conciencia social sobre distintas temáticas, como ferramenta de reflexión, de denuncia para a mocidade.

Son varias as experiencias na bisbarra onde a mocidade aposta polo audivisual. Non tedes máis que pasar polo Distrito Friki de Vimianzo, botar un ollo á proposta do Samaín zaense ou lembrar o premio no Festival de Cine de Ourense para os alumnos do CEIP de Laxe.

Spot contra a violencia de xénero

De feito xa está en macha un spot no que están participando rapaces e rapazas de 4º da ESO do activo IES Ponteceso, coa coordinación da mestra Marta Sanz Lorenzo. O traballo será presentado o vindeiro 25 de novembro día internacional contra a violencia de xénero.

Este grupo conformárono 22 alumnas e alumnos de varios grupos de 4º de ESO do IES de Ponteceso; dende a primeira sesión mostraron un interese moi particular cara a realización de spots, e cara a idea de ser actores e actrices e directoras/es dun spot. En canto ao traballo en materia de igualdade algunhas das persoas manifestan tópicos habituais e estereotipos socialmente asignados a cada un dos sexos, polo que o traballo nesta materia é indispensable.

Que pretende Rec.Apacita?

A menudo tendemos a acusar á xuventude de non querer participar, de non ter conciencia da realidade. Sen embargo, tamén atopamos numerosas mostras de anticonformismo, de rebeldía, de protesta por parte dos/das mozos e mozas que se manifestan en formatos de libre expresión converténdose estos en canais de comunicación para eles/as, como o Hip-Hop, o Graffiti…

Faise polo tanto necesario dar á xuventude outros medios de expresión aos que lles resulta difícil chegar por si mesmos debido ás dificultades técnicas e económicas que estos conlevan, falamos, neste caso do medio audiovisual.

“Rec-capacita: Spots reivindicativos” defínese coma un proxecto en materia de coeducación co que se pretende a sensibilización dos/das adolescentes mediante a grabación de varios SPOTS PUBLICITARIOS sobre temáticas de interese.

Curso de búsqueda de emprego

Paralelamente, a Concellaría de Cultura e a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteceso convocan un curso de técnicas de búsqueda de emprego dirixido a persoas desempregadas empadroadas no Concello de Ponteceso.
Este curso que se impartirá no Centro Cultural en Ponteceso todos os luns e mércores de 09.00h a 11.00h, dende o luns 31 de outubro ao mércores 28 de decembro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Ponteceso.

Comentarios